Wednesday 01 de May de 2024

Mouriño recuperará a Bibliotecainfantil pechada polo actualngoberno de Carral e reformará o CEIP Vicente Otero Valcárcel


• O espazo, que servía para iniciar na lectura aos máis pequenos foi clausurado sen motivos e agora o PP de Carral anuncia a súa reapertura

• No eido educativo destaca o acondicionamento e cubrición da pista polideportiva do CEIP Vicente Otero Valcárcel de xeito integral, e unha ludoteca para o ocio dos pequenos e pequenas

O candidato do PP de Carral, José Luis Fernández Mouriño, anunciou que recuperará a Biblioteca infantil pechada polo goberno de Gestal durante catro anos. O espazo, que servía para iniciar na lectura aos máis pequenos foi clausurado sen motivos e agora o PP de Carral anuncia a súa reapertura xa que considera un activo cultural e educativo para os cativos que nunca debeu pecharse.

No eido da cultura destacan propostas como a dixitalización do arquivo ou a posibilidade da construción dun auditorio para acoller espectáculos de teatro, musicais…

Mouriño anunciou que reforzará o Certame de Poesía Concello de Carral, un dos concursos máis prestixiosos de Galicia, os clubs de lectura e continuará co programa Fotos para as Mil Historias de Carral, recuperando e difundindo antigas imaxes do municipio e das súas xentes. Tamén dotará os locais sociais de conexión WIFI, pechada polo actual goberno.

No eido educativo destaca o acondicionamento e cubrición da pista polideportiva do CEIP Vicente Otero Valcárcel de xeito integral, e unha ludoteca para o ocio dos pequenos e pequenas.

Tamén impulsará medidas que favorezan a conciliación familiar (campamentos de verán, programa Madrugadores, a Semana da Estrela, entre outras).